venres, 22 de marzo de 2024

Plantando árbores froiteiras en Valeixe.

Rematamos o 2º trimestre coidando o noso entorno, aproveitando para celebrar o Día da Árbore (21 marzo) e o Día da Auga (22 marzo).

Sempre nos resulta emocionante e divertido o contacto coa natureza, así que, puxemos mans á obra, maiores e pequenos e alá fomos, sacho en man, a plantar árbores froiteiras. 

Temos que dar as grazas á ANPA de Valeixe e á Comunidade de Montes, en especial ao seu presidente, Enrique, que con moito cariño e xenerosidade, ensinounos un montón de cousas interesantes.

Pasámolo tan ben que queremos compartir con vós estas fotos e convidarvos a coidar sempre o Medio Ambiente, porque así viviremos moito mellor.
















































E AGORA TOCA REGAR ...











E A COIDALOS TODOS OS DÍAS...!!!
SERÁ EMOCIONANTE VELOS CRECER!!!


mércores, 20 de marzo de 2024

Visita ao Parlamento de Galicia.

Chegou o 19 de marzo 2024 e puxemos rumbo a Santiago para visitar o Parlamento de Galicia, Casa de todos os galegos/as. Primeiro recollimos aos nosos amigos/as de 5º e 6º do Ceip de Crecente e aos seus mestres. 

Polo camiño fomos falando e cantando. Cando chegamos xa tiñamos fame, así que merendamos nun parque ao ladiño do Parlamento. 





E logo xa nos preparamos para entrar...



Despois de pasar os controis, presentáronnos ao noso guía. Ensinounos parte do edificio, pois non había tempo para máis, que mágoa!, alí hai moito que ver: un montón de salas; moitas obras de arte galego; un patio exterior precioso...pero o que máis nos gustou foi a biblioteca e o hemiciclo. Por un momento, sentimos que tiñamos unha gran responsabilidade, coma se fósemos diputados/as.


Salón dos Reis: onde toman posesión os presidentes da Xunta.
Aquí están os escudos das capitais do antigo Reino de Galicia.

Escudo de Galicia en Salón dos Reis.

                                                                   Vestíbulo principal.





                                                                            Biblioteca



Hemiciclo



















Por último, déronnos un agasallo: un libro e unha mochila. Fíxonos moita ilusión. Moitas grazas!!





E así rematamos este 19 marzo 2024, Día do Pai, un xeito diferente de celebralo!!

❤❤❤