xoves, 21 de xuño de 2018

"Os nosos maiores"

Non podiamos rematar o curso sen haber visitado aos nosos maiores. Así que, cando chegou o martes, 19 de xuño de 2018, collimos a nosa mochila e puxemos rumbo á Residencia da 3ª Idade, Nsa. Sra. do Rosario de Valeixe. Alí esperábannos con moita ilusión, os nosos maiores, aqueles que contan historias divertidas, impresionantes...; aqueles que teñen unha mirada especial, que transmite dozura, sosego e unha morea de lembranzas; aqueles que teñen alma de sabio e moito de neno: os nosos avoíños/as.




Unhas estupendas coidadoras recibíronnos 
con gran amabilidade.


Grazas Marisol.


Amosamos o noso agasallo.


Juan tiña reservados moitos debuxos para nós.
Mil grazas!!


Despedímonos e continuamos a nosa camiñata
ata facer un descansiño para merendar...
  
...e facer un ratiño de lectura ao aire libre.  






Ningún comentario:

Publicar un comentario