Son as 9:30 do 21 de marzo de 2019, a punto de partir para Apípolis, unha granxa escola moi interesante. Creo que o imos pasar moi ben ademais de aprender moitas cousas sobre as abellas (Apis mellifice).
Despois de hora e media de viaxe, chegamos ao noso destino, un lugar moi agradable, con moita zona verde.
O primeiro foi visitar o museo, alí descubrimos un montón de curiosidades.
Despois vestímonos de apicultores para visitar o apiario. Antes de entrar estabamos algo nerviosos, pero resultou divertido e emocionante.
A seguir, marchamos a unha sala para facer velas de cera...
Unha vez rematadas as veliñas, leváronnos a facer galletiñas de mel e aprendimos unha divertida canción.
Que ricas!!
O maior e o máis pequeniño do cole. Tod@s xunt@s pasámolo ben!!
BONITA EXPERIENCIA!
Agora toca traballar todo o aprendido. Fixemos unha posta en común e recollimos ideas que logo plasmamos nun pequeno mural.
Este é o resultado final...
Ningún comentario:
Publicar un comentario