"Los abuelos nunca mueren, sólo se hacen invisibles"
(Enrique Orschanski)
Para os nosos maiores...
Nosos queridos maiores,
sabemos o mal que o estades a pasar, sabemos que desgraciadamente sodes os que levades a peor parte con este virus que se entrometeu nas nosas vidas, pero tamén sabemos que sodes os máis valentes, os que nunca se rinden porque xa o tendes máis que demostrado.
O noso desexo é enviarvos toda a forza para saír desta enfermidade, dicirvos que vos necesitamos, precisamos que sigades a ser o noso exemplo de paciencia, de prudencia, de resistencia...
Quen nos vai ensinar a poñer freno ás nosas tolerías, ás nosas irresponsabilidades froito da ignorancia?, quen nos vai perdoar unha e mil veces tantas trasnadas?, quen vai xogar con nós o tempo que faga falta?, quen nos vai contar historias "de película"?,...
Queremos que sintades o noso cariño e sobre todo que saibades que non estades soíños, dende a distancia tamén existen as apertas, aí vai a nosa chea da mellor menciña: o desexo da vosa recuperación.
Alumn@s de 4º, 5º, 6º de E.P.
Melissa 6º E.P.
Para todo o persoal sanitario, policía, garda civil, exército, transportistas, agricultores, etc. etc. etc.
Marcos 6º E.P.
💖💖💖
Ningún comentario:
Publicar un comentario