Encántanos ver o noso Colexio bonito e multicolor e a ANPA do CEIP de Valeixe axúdanos moito nesta tarefa.
Así que, todos xunt@s puxémonos mans á obra e aproveitando a chegada da primavera...
...plantamos xeranios, azaleas...
...verbenas, clavelinas, conchitas...
...acivros, aloe vera, mentha ... e moitas máis.
😊😊😊
Agora queremos amosarvos o noso traballo de hoxe "step by step" (paso a paso).
1º Despois de abonar a terra días antes, cavamos un burato pouco profundo e deixamos osixenar.
2º Botámoslle auga.
3º Colocamos a planta no burato e presionamos ben.
4º Facémoslle unha reixa arredor para que a auga se concentre no pé e non se esparrame.
5º Se fai falla colocámoslle un titor para que medre dereito.
7º Colocámoslle o letreiro. Cada un á súa planta ou arbusto.
Pensamos que a Natureza sempre fai obras grandes sen esperar recompensa algunha, así que ...
🌺🌳🌺
Ningún comentario:
Publicar un comentario