Hoxe recibimos un precioso agasallo...
...os avoíños/as da Residencia de Valeixe fixeron preciosos debuxos e manualidades para nós. Fíxonos moita ilusión!! Cando a profe os sacou da bolsiña, todos/as empezamos a aplaudir. Que bonitos debuxos, que simpáticos gorriños...
Queremos darvos as grazas, polos vosos traballos, polo voso tempo, pero sobre todo polo voso cariño e dicirvos que estamos desexando volver a visitarvos. Mentres tanto enviámosvos toda a nosa enerxía positiva para que sempre esteades moi contentos e con ánimo para seguir facendo moitas cousas.
Ata máis ver!!
💝
Fermoso detalle!!������
ResponderEliminarSempre houbo unha conexión especial entre nen@s e maiores. Oxalá siga así! Uns e outros son marabillosos!!!
Eliminar