luns, 18 de marzo de 2024

Charla informativa: Garda Civil.

O pasado 15 de marzo 2024, dentro do marco do "Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos", recibimos unha interesante charla impartida por Verónica, axente da Garda Civil.

A temática das charlas é variada. acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías, coidado da Natureza, drogas...

Nesta sesión, Verónica informounos da importante labor do SEPRONA (Servicio de Protección de la Naturaleza) e da necesidade de respectar o noso entorno. Resultou moi positiva porque descubrimos cousas que non sabiamos.

Aquí deixamos algunhas fotos do momento da charla...



















Queremos dar as grazas á Garda Civil pola súa importante e xenerosa labor de coidado de todos nós, cidadáns e cidadás.

😊





Ningún comentario:

Publicar un comentario