luns, 3 de xuño de 2019

"Coñecendo a Nosa Bisbarra, Pintelos 2019"

"Camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar"



Iniciamos o noso camiño cara Pintelos. Queremos coñecer  a nosa localidade, as súas xentes, a natureza... Os nosos guías deste ano son Melissa, Javi Simóns e Javi Seoane. Falamos con moita xente que nos contou historias moi interesantes, por exemplo Inocencia, a bisavoa de Melissa, que nos deu a coñecer os seus xogos cando era meniña; Antonio, o seu avó, que nos deixou montar a todos xunt@s no seu "super600amarelo"; ou Rosa, a nai de Javi Simóns, que nos ensinou a "Rayo" unha fermosa égua e uns vinte paxariños multicores...pero tamén aproveitamos para facer un pouquiño de lectura ao aire libre, ao pé da capela Nsa. Sra. das Neves.
Que divertido! e que riqueza temos ao noso arredor!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario