Como todos os anos queremos deixar constancia dunha das nosas visitas favoritas, a máis tenra e doce, a dos NOSOS MAIORES. Esos que nos transmiten tantas emocións con tan poucas palabras, simplemente coas súas profundas miradas cargadas de sabedoría pero tamén de cansancio de toda unha vida. A eles debemos tanto...que sería tremendamente inxusto telos olvidados. Así que, aquí estamos de novo, antes de rematar o curso, camiño da Residencia da 3ª idade Nsa. Sra. do Rosario de Valeixe, contentos e desexosos de repartir bicos aos nos@s avoíñ@s.
Mil grazas por recibirnos sempre con tanto cariño e amabilidade por parte de tod@s e deixarnos compartir este ratiño con vós. O próximo ano esperamos volver e vervos coa mesma ilusión, a nosa está asegurada.
Ata máis ver !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario