mércores, 19 de decembro de 2018

"O Nadal está a chegar"

O Nadal está a chegar, así que, empezamos a celebralo. Poñemos a proba a nosa imaxinación e escribimos os nosos contos. Deixamos aquí o que máis nos gustou. O seu autor é Marcos de 5º E.P. e titúlase "Un borriquiño perdido".
A ver se vos gusta...




Tamén queremos decorar o noso "cole" con motivos navideños, así que, empregamos as nosas "Christmas Cards" para facer vistosos murais.                                                                             

Nenos/as 4º, 5º, 6º E.P.

Daniel  4º E.P.

Melissa 5º, Gabriel 4º E.P.

Javi Simóns and Javi Seoane 6º E.P.

Nenos/as 1º, 2º e 3º E.P.


Lúa, Eva e Alicia.


Hello 2019, Good bye 2018

Os nen@s de Educación Infantil, tamén queren amosar os seus traballos en inglés. O  esforzo mereceu a pena. Aquí deixamos algúns deles.                                                                                  

Héctor, Xabi, Erik, Lucas, Antía, Mateo,
Iris e Lalo.

Iris, Emma, Irene, Antía e Mateo.

Ed. Infantil  (3, 4 e 5 anos)

Xabi amosa o seu "snowman".

                                                                                    
Our christmas trees (1º, 2º and 3º E.P.)


Daniel 4º E.P.

SEE YOU SOON!!

Esforzáronse moito, así que, agora toca descansar. 
BO  NADAL!!
FELIZ NAVIDAD!!
MERRY CHRISTMAS!!




mércores, 5 de decembro de 2018

"A NOSA CONSTITUCIÓN"

A nosa Constitución está de aniversario. O próximo 6 de decembro cumplirá corenta anos. Traballamos para descubrir que é para nós a Constitución.








Aquí deixamos algúns dos nosos traballos.




















   PARABÉNS !!
1978-2018





martes, 2 de outubro de 2018

"UN NOVO OUTONO"

                                             Ola  querido  OUTONO!!




Aquí estamos de novo, despois dun feliz verán. Agora toca olvidarse da praia, dos xeados, da piscina... e empezar a traballar. Pois ben, comenzaremos recordando o ben que nos trata esta estación. Non só nos ofrece preciosas paisaxes, senón que ademais  nos trae moitos froitos: castañas, noces, cabazas, cogumelos...
Así que, poñemos mans á obra e escribimos as "Nosas receitas de Outono".




                                               Marcos  co  seu  "Pastel de cabaza"





        Dani e Gabri ofrécennos un saboroso "Pudding de castaña" 











Aquí  deixamos  algunhas  para  que practiquedes  na cociña !!








xoves, 21 de xuño de 2018

"Os nosos maiores"

Non podiamos rematar o curso sen haber visitado aos nosos maiores. Así que, cando chegou o martes, 19 de xuño de 2018, collimos a nosa mochila e puxemos rumbo á Residencia da 3ª Idade, Nsa. Sra. do Rosario de Valeixe. Alí esperábannos con moita ilusión, os nosos maiores, aqueles que contan historias divertidas, impresionantes...; aqueles que teñen unha mirada especial, que transmite dozura, sosego e unha morea de lembranzas; aqueles que teñen alma de sabio e moito de neno: os nosos avoíños/as.




Unhas estupendas coidadoras recibíronnos 
con gran amabilidade.


Grazas Marisol.


Amosamos o noso agasallo.


Juan tiña reservados moitos debuxos para nós.
Mil grazas!!


Despedímonos e continuamos a nosa camiñata
ata facer un descansiño para merendar...
  
...e facer un ratiño de lectura ao aire libre.  






venres, 15 de xuño de 2018

"Coñecendo a Nosa Bisbarra"

Queremos saber cousas da nosa localidade, coñecer todos os rincóns, falar cos veciños e que nos conten historias da súa infancia, pasar unha xornada en contacto coa natureza ...por iso adicamos un día a facer unha andaina polas nosas aldeas.
Este ano visitamos Mourelos, Sto Cristo da Miranda e Anxo da Garda.

María, a nosa guía en Mourelos.







Capela do Sto Cristo da Miranda.




Cecilia, a nosa guía en Anxo da Garda.




Arquitectura popular.


Aquí espera o autobús Cecilia todas as mañás.


Na casa de Cecilia.

Unha antiga escola.




Preciosas fervenzas.


Preto dun muíño.