domingo, 24 de febreiro de 2019

"Seguimos descubrindo a Rosalía"

O 24 de febreiro de 2019 volvemos a recordar á nosa querida Rosalía e o seu amor por Galicia. Queremos traballar unha das súas poesías máis bonitas. Así o facemos e querémolo compartir.

Taller de poesía
Nunha caixiña temos palabras soltas ou versos que teremos que ir ordenando e unindo ata formar unha poesía de Rosalía de Castro.



Cada un vai compoñendo a súa estrofa no mural da clase...



Este é o resultado final...



Despois de ler e recitar "Adiós ríos, adiós fontes...", cada un expresa  e escribe o sentimento que lle produce o poema.  





Agora aprendemos e recitamos...
                                         





Grazas  Rosalía !!