venres, 29 de xaneiro de 2021

Día da Paz 2021

Os alumnos e alumnas do CEIP de Valeixe seguimos a buscar a Paz, por iso cando chega o 30 de xaneiro celebrámolo facendo pequenas actividades: xestos, mensaxes, composicións... que nos fan reflexionar e pensar na importancia de vivir en Paz.

Aquí deixamos algúns dos nosos traballos:

Ed. Infantil



4º, 5º e 6º Ed. Primaria


💗💗💗


AS  NOSAS  COMPOSICIÓNS


"Vivir en Paz"

Canto me gusta
saber escoitar,
saber tolerar,
saber respectar.

Canto me gusta
o sorriso dos nenos,
os xogos felices
e todos amigos.

Canto me gusta
a igualdade entre pobos,
os cantos fraternos
e a paz mundial.

Canto me gusta
cantar, xogar, amar...
VIVIR EN PAZ!!

                 Iria, 6º E.P.

😀

"Un mundo ideal"

Soñei cun mundo sen guerras,
soñei cun mundo sen fame
onde todo era felicidade.

Soñei que non había enfermidades
que non existían as calamidades.

Soñei que todo era perfecto,
un mundo cheo de amor,
todos se querían 
e non había dor.

Soñei cun mundo ideal
onde reinaba a PAZ.

                              Alicia, 4º E.P.

😉