xoves, 21 de xuño de 2018

"Os nosos maiores"

Non podiamos rematar o curso sen haber visitado aos nosos maiores. Así que, cando chegou o martes, 19 de xuño de 2018, collimos a nosa mochila e puxemos rumbo á Residencia da 3ª Idade, Nsa. Sra. do Rosario de Valeixe. Alí esperábannos con moita ilusión, os nosos maiores, aqueles que contan historias divertidas, impresionantes...; aqueles que teñen unha mirada especial, que transmite dozura, sosego e unha morea de lembranzas; aqueles que teñen alma de sabio e moito de neno: os nosos avoíños/as.




Unhas estupendas coidadoras recibíronnos 
con gran amabilidade.


Grazas Marisol.


Amosamos o noso agasallo.


Juan tiña reservados moitos debuxos para nós.
Mil grazas!!


Despedímonos e continuamos a nosa camiñata
ata facer un descansiño para merendar...
  
...e facer un ratiño de lectura ao aire libre.  






venres, 15 de xuño de 2018

"Coñecendo a Nosa Bisbarra"

Queremos saber cousas da nosa localidade, coñecer todos os rincóns, falar cos veciños e que nos conten historias da súa infancia, pasar unha xornada en contacto coa natureza ...por iso adicamos un día a facer unha andaina polas nosas aldeas.
Este ano visitamos Mourelos, Sto Cristo da Miranda e Anxo da Garda.

María, a nosa guía en Mourelos.







Capela do Sto Cristo da Miranda.




Cecilia, a nosa guía en Anxo da Garda.




Arquitectura popular.


Aquí espera o autobús Cecilia todas as mañás.


Na casa de Cecilia.

Unha antiga escola.




Preciosas fervenzas.


Preto dun muíño.




                                     

mércores, 6 de xuño de 2018

"Día do Medio Ambiente"

Hoxe, 5 de xuño, "Día do Medio Ambiente", queremos ensinarvos como vai medrando o noso castiñeiro. Plantámolo o 21 de marzo de 2017, "Día da Árbore".
Lembrades...??


E agora...
xa ten un montón de folliñas.


Estamos a cortar os acólitos...


Limpamos as malas herbas...



Regamos.


A seguir medrando!!!