luns, 23 de decembro de 2019

It is Christmas time!!

Dear friends:
Christmas is here. These are our nice videos. They are a present for you. We hope you like them.
Wishing you a very happy Christmas and New Year.   



 








Lots of love from: Ariadne, María, Eloy, Andrea, Gabriel, Daniel, Marcos, Melissa and Izan.

                                        


MERRY  CHRISTMAS
FELIZ  NAVIDAD
BO  NADAL

mércores, 16 de outubro de 2019

OUTONO: tempo de cogomelos.

Damos a benvida ao OUTONO 2019 que nos trae ricos e saborosos froitos: castañas, noces, cogomelos, ...





É tempo de cogomelos.






Imos descubrir que son os cogomelos.



























E  por  suposto  non  podía  faltar  unha  receita  de cogomelos.




Traballamos as linguas.





sábado, 22 de xuño de 2019

Agora toca descansar...

Así que, deixamos por un tempiño o inglés, o galego, as mates ... pero, por suposto, sen olvidar o noso hobby favorito, a lectura diaria e preparámonos para recibir o desexado verán: a piscina, o mar, a montaña, excursións en familia ..., tempo de lecer, diferente pero estupendo, necesario para volver en setembro coas pilas cargadas. 


ATA PRONTO AMIG@S !!!

martes, 18 de xuño de 2019

"Os nosos maiores"

               "En los ojos de los jóvenes vemos fuego .... en los de los mayores vemos la luz"                                                                                 
Como todos os anos queremos deixar constancia dunha das nosas visitas favoritas, a máis tenra e doce, a dos NOSOS MAIORES. Esos que nos transmiten tantas emocións con tan poucas palabras, simplemente coas súas profundas miradas cargadas de sabedoría pero tamén de cansancio de toda unha vida. A eles debemos tanto...que sería tremendamente inxusto telos olvidados. Así que, aquí estamos de novo, antes de rematar o curso, camiño da Residencia da 3ª idade Nsa. Sra. do Rosario de Valeixe, contentos e desexosos de repartir bicos aos nos@s avoíñ@s.








Mil grazas por recibirnos sempre con tanto cariño e amabilidade por parte de tod@s e deixarnos compartir este ratiño con vós. O próximo ano esperamos volver e vervos coa mesma ilusión, a nosa está asegurada. 
Ata máis ver !!


luns, 3 de xuño de 2019

"Coñecendo a Nosa Bisbarra, Pintelos 2019"

"Camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar"



Iniciamos o noso camiño cara Pintelos. Queremos coñecer  a nosa localidade, as súas xentes, a natureza... Os nosos guías deste ano son Melissa, Javi Simóns e Javi Seoane. Falamos con moita xente que nos contou historias moi interesantes, por exemplo Inocencia, a bisavoa de Melissa, que nos deu a coñecer os seus xogos cando era meniña; Antonio, o seu avó, que nos deixou montar a todos xunt@s no seu "super600amarelo"; ou Rosa, a nai de Javi Simóns, que nos ensinou a "Rayo" unha fermosa égua e uns vinte paxariños multicores...pero tamén aproveitamos para facer un pouquiño de lectura ao aire libre, ao pé da capela Nsa. Sra. das Neves.
Que divertido! e que riqueza temos ao noso arredor!!!









martes, 28 de maio de 2019

"Dia Nacional da Nutrición"


28 de maio de 2019

Traballamos para acadar hábitos saudables. Escoitade os nosos consellos...



Así quedou a nosa pirámide nutricional. Gústavos?





martes, 21 de maio de 2019

Letras Galegas 2019

17 maio , día das Nosas Letras, da Nosa Cultura...



Adicado este ano a Antonio Fraguas Fraguas, quixemos coñecer máis a este home que amou tanto a Nosa Terra, a Nosa Lingua, os nosos costumes...
Así que, puxemos rumbo a Santiago e visitamos o Museo do Pobo Galego, do que foi director Antón Fraguas.













Tamén nos atrevimos a recitar algunhas cantigas populares...Escoitade...













Elaboramos marcapáxinas sobre a figura de Antonio Fraguas Fragua.




Por outra banda, participamos no Concurso de Poesía e Relatos organizado polo Concello  A Cañiza e...obtivemos algúns premios!
Aquí están os gañadores cos seus diplomas!



























mércores, 15 de maio de 2019

Family Day 2019

Our families are very important for us. So, we have celebrated "Family Day" (15th may). These are some  activities that we have been doing.
LOOK...LOOK...


 

luns, 13 de maio de 2019

"Día de Europa"

O 9 de maio coincide coa delaración do ministro francés de Asuntos Exteriores Robert Schuman. A súa idea era buscar unha nova forma de cooperación política en Europa para evitar conflitos bélicos entre as nacións europeas.
Nós quixemos celebrar esta data con algunhas actividades. Botade unha ollada...


martes, 30 de abril de 2019

"Día do Libro 2019"

O 23 de abril é unha data importante para tod@s nós. Así que levamos a cabo varias actividades, tratando de traballar as nosas linguas: castelán, galego e inglés.
Aquí deixamos un resumo das mesmas:

  • Traballamos "Platero y yo", obra importante de J. Ramón Jiménez.



  • Á proposta da Concellería de Cultura de A Cañiza, elaboramos unhas láminas sobre a vida obra de A.R. CASTELAO, figura importante da Nosa Cultura. Co noso traballo máis os dos nosos compañeir@s de E.I., 1º, 2º e 3º, a Concellería elaborará un libro sobre este autor que permanecerá na Biblioteca de Valeixe.


  • MY  ENGLISH  BOOK: os alumn@s de 1º, 2º e 3º, non quixemos olvidar o "World Book Day", así que, elaboramos un pequeniño libro que recolle as nosas experiencias en Inglés.