venres, 16 de xuño de 2023

Club de Lectura: "COMELIBROS"

Encántanos  ler...

...así que, buscamos entre tod@s un nome para o noso club e coa axuda da profe Bea comezamos a facer cousas interesantes, a parte de ler moitos libros que recomendamos: "Matilda", "Charlie e a fábrica de chocolate", "O mago de Oz"; "Esmeraldina, a pequena defunta"; "Charlie y el gran ascensor de cristal"; "Cuenta nueve estrellas"; "Momo"...

😍😍😍

O nome elixido para o noso club foi COMELIBROS e formámolo nove alumn@s: Sofía, Leire, Lúa,Gabriel, Hugo Rey, Hugo Estévez, Alicia, Olaya e Eva.





Non só nos gusta ler, tamén queremos compartir o noso pracer pola lectura, así que contamos contos aos máis pequeniñ@s do noso Centro e dalgún cole da zona.




Visitamos, xunto cos membros doutro Club de Lectura, a Biblioteca Municipal de A Cañiza.



Tamén elaboramos un conto "A mestra e as chaves" que podedes visualizar abrindo o enlace:


E un cómic divertido "Historia de gatos"...



A profe Bea quedou tan contenta cos nosos traballos que nos quixo premiar cun diploma, un marcapáxinas e unha "merendola".















Grazas, profe Bea, por tantos recreos traballando con nós.
Oxalá volvas algún día!!
Ata sempre!!!


 

xoves, 15 de xuño de 2023

Excursión 2023 O Grove - A Toxa

  Unha xornada compartida entre primaria, infantil, mestres e mestras...






























































































































O GROVE
15/XUÑO/2023
🌞