venres, 22 de marzo de 2019

"APÍPOLIS"


Son as 9:30 do 21 de marzo de 2019, a punto de partir para Apípolis, unha granxa escola moi interesante. Creo que o imos pasar moi ben ademais de aprender moitas cousas  sobre as abellas     (Apis mellifice).



Despois de hora e media de viaxe, chegamos ao noso destino, un lugar moi agradable, con moita zona verde.





O primeiro foi visitar o museo, alí descubrimos un montón de curiosidades.




Despois vestímonos de apicultores para visitar o apiario. Antes de entrar estabamos algo nerviosos, pero resultou divertido e emocionante.



A seguir, marchamos a unha sala para facer velas de cera...



Unha vez rematadas as veliñas, leváronnos a facer galletiñas de mel e aprendimos unha divertida canción.




Que ricas!!



O maior e o máis pequeniño do cole. Tod@s xunt@s pasámolo ben!!




BONITA EXPERIENCIA! 


Agora toca traballar todo o aprendido. Fixemos unha posta en común e recollimos ideas que logo plasmamos nun pequeno mural. 









Este é o resultado final...




















mércores, 6 de marzo de 2019

"Vivimos o Entroido"

Pronto chegará o Entroido e queremos estar preparados. Investigamos para saber quen son os cigarróns, pantallas, felos, peliqueiros, ...



AGORA...A COLOREAR!!



MIRADE, MIRADE!!



ESTE É O NOSO MURAL.



            Pero tamén preparamos vistosos disfraces para saír polo pobo animando o entorno. 
            Somos uns xardineir@s moi simpátic@s.



Daniel coida a súa árbore cantándolle serenatas...



Gabriel regando a súa margarida...



Moi ben podado!!



Melissa e a súa camelia.



José Ángel e Marcos encabezan o grupo camiño da Miñoteira, alí degustaremos un chocolatiño con churros invitad@s pola ANPA do CEIP de VALEIXE 



Marcos, Gabriel, Javi Simóns, Melissa, Javi Seoane e Daniel, despiden e Entroido 2019.


VIVA O ENTROIDO DE VALEIXE!!!