luns, 12 de abril de 2021

Compromiso coa Natureza 2021

Encántanos ver o noso Colexio bonito e multicolor e a ANPA do CEIP de Valeixe axúdanos moito nesta tarefa.

Así que, todos xunt@s puxémonos mans á obra e aproveitando a chegada da primavera...


...plantamos xeranios, azaleas...



...verbenas, clavelinas, conchitas...


...acivros, aloe vera, mentha ... e moitas máis.

😊😊😊

Agora queremos amosarvos o noso traballo de hoxe "step by step" (paso a paso).

1º Despois de abonar a terra días antes, cavamos un burato pouco profundo e deixamos osixenar.



2º Botámoslle auga.



3º Colocamos a planta no burato e presionamos ben.



4º Facémoslle unha reixa arredor para que a auga se concentre no pé e non se esparrame.







5º Se fai falla colocámoslle un titor para que medre dereito.




6º Comprometémonos a seguilas coidando.






7º Colocámoslle o letreiro. Cada un á súa planta ou arbusto.





Pensamos que a Natureza sempre fai obras grandes sen esperar recompensa algunha, así que ...


...comprometémonos a coidala e respectala.



🌺🌳🌺