martes, 22 de xuño de 2021

SUMMER 2021

 


 E agora...toca descansar !!

Chegamos ao final, foi un curso difícil, pero entre tod@s fómolo superando. NORABOA!!
Moitas grazas rapaces/as, fostes un exemplo para todos os adultos, aguantando e respectando normas e protocolos, sen queixarse, sen protestar... Estamos orgullosos dos nosos alumn@s. Grazas ao voso comportamento foi máis doado traballar e acadar obxectivos.
Non olvidedes seguir coidándovos e coidando aos demais. Isto é coma na escola: traballo en equipo. MOITOS PARABÉNS!!


 

Vémonos en setembro!!

Nos vemos en septiembre!!

See you on september!!





sábado, 5 de xuño de 2021

5 de xuño 2021: "Día Mundial do Medio Ambiente"

 Os alumnos e alumnas do CEIP de Valeixe non se olvidan do seu compromiso coa Natureza... Así ven a súa escola, chea de flores multicolores. Ademais teñen sempre presente a norma das 3R: Reducir, Reciclar e Reutilizar.


Seguen a coidar o seu entorno escolar cheo de plantas e árbores que eles mesmos puxeron para celebrar o Día da Árbore. Xa medraron un pouquiño máis... e para lembrarnos a chegada da primavera botaron moitas flores.









ACTIVIDADES:



     - PENSA: cal é a túa árbore preferida? Busca información sobre ela.
     - EXPOÑEMOS o tema.
     - ELABORAMOS un conto, poesía, cómic...
     - REFLEXIONAMOS...por que debemos coidar o Medio Ambiente? por que é moi importante 
       Reducir, Reciclar e Reutilizar?
     - CAMPAÑA: elaboramos mensaxes para unha campaña de concienciación e promoción da 
        reciclaxe no noso pobo.
     - COMPROMISO: convencer á xente do noso entorno (familia, veciños, amigos,...) da importancia 
        de reciclar, de coidar as nosas árbores,...


🌳🌼🌳