sábado, 22 de xuño de 2019

Agora toca descansar...

Así que, deixamos por un tempiño o inglés, o galego, as mates ... pero, por suposto, sen olvidar o noso hobby favorito, a lectura diaria e preparámonos para recibir o desexado verán: a piscina, o mar, a montaña, excursións en familia ..., tempo de lecer, diferente pero estupendo, necesario para volver en setembro coas pilas cargadas. 


ATA PRONTO AMIG@S !!!

martes, 18 de xuño de 2019

"Os nosos maiores"

               "En los ojos de los jóvenes vemos fuego .... en los de los mayores vemos la luz"                                                                                 
Como todos os anos queremos deixar constancia dunha das nosas visitas favoritas, a máis tenra e doce, a dos NOSOS MAIORES. Esos que nos transmiten tantas emocións con tan poucas palabras, simplemente coas súas profundas miradas cargadas de sabedoría pero tamén de cansancio de toda unha vida. A eles debemos tanto...que sería tremendamente inxusto telos olvidados. Así que, aquí estamos de novo, antes de rematar o curso, camiño da Residencia da 3ª idade Nsa. Sra. do Rosario de Valeixe, contentos e desexosos de repartir bicos aos nos@s avoíñ@s.








Mil grazas por recibirnos sempre con tanto cariño e amabilidade por parte de tod@s e deixarnos compartir este ratiño con vós. O próximo ano esperamos volver e vervos coa mesma ilusión, a nosa está asegurada. 
Ata máis ver !!


luns, 3 de xuño de 2019

"Coñecendo a Nosa Bisbarra, Pintelos 2019"

"Camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar"



Iniciamos o noso camiño cara Pintelos. Queremos coñecer  a nosa localidade, as súas xentes, a natureza... Os nosos guías deste ano son Melissa, Javi Simóns e Javi Seoane. Falamos con moita xente que nos contou historias moi interesantes, por exemplo Inocencia, a bisavoa de Melissa, que nos deu a coñecer os seus xogos cando era meniña; Antonio, o seu avó, que nos deixou montar a todos xunt@s no seu "super600amarelo"; ou Rosa, a nai de Javi Simóns, que nos ensinou a "Rayo" unha fermosa égua e uns vinte paxariños multicores...pero tamén aproveitamos para facer un pouquiño de lectura ao aire libre, ao pé da capela Nsa. Sra. das Neves.
Que divertido! e que riqueza temos ao noso arredor!!!