martes, 23 de abril de 2024

"Día do Libro 2024"

 "Un neno que le ... será un adulto que pensa"

😊

Estamos a 23 de abril de 2024, son as 10:30 h. e marchamos para celebrar o "Día Internacional do Libro". 

A onde?, á biblioteca de Valeixe, a nosa biblioteca. Que sorte temos!! O noso pobo ten unha bibliotea coma esta...Querémosvola ensinar...



Pois si, aquí estivemos, metidos entre libros.
O compañeiros/as do Club de Lectura (4º, 5º e 6º E.P.), contaron dous contos aos máis pequenos. Un deles foi unha dramatización. Que divertido!

Aquí deixamos algunhas fotos...







Todos moi atentos, gozamos do momento!
😌

E despois... puxémonos a traballar, sobre os nosos personaxes favoritos...











Lalo quíxonos contar unha curiosidade: por que se regala unha rosa 
o día do libro en Cataluña?

E despois do traballo, toca repoñer forzas.

E xogar...




E volta para o colexio. Agora toca facer os nosos murais.


Aquí deixamos os nosos personaxes preferidos.



  E estas son algunhas das nosas recomendacións...



ISTO É TODO POR HOXE,

SÓ UN DESEXO...

ENGANCHÁDEVOS Á LECTURA!!