venres, 11 de febreiro de 2022

Que bonita sorpresa!!!

                 Hoxe recibimos un precioso agasallo...


...os avoíños/as da Residencia de Valeixe fixeron preciosos debuxos e manualidades para nós. Fíxonos moita ilusión!! Cando a profe os sacou da bolsiña, todos/as empezamos a aplaudir. Que bonitos debuxos, que simpáticos gorriños...


Gabriel, Lúa e Hugo (4º E.P)

Alicia, Eloi, Hugo e Eva. (5ºE.P)

María, Daniel e Ari (6º E.P)

Queremos darvos as grazas, polos vosos traballos, polo voso tempo, pero sobre todo polo voso cariño e dicirvos que estamos desexando volver a visitarvos. Mentres tanto enviámosvos toda a nosa enerxía positiva para que sempre esteades moi contentos e con ánimo para seguir facendo moitas cousas.
Ata máis ver!!
💝

2 comentarios:

  1. Fermoso detalle!!������

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sempre houbo unha conexión especial entre nen@s e maiores. Oxalá siga así! Uns e outros son marabillosos!!!

      Eliminar